O Instituto Politécnico Marítimo del Atlántico de Vigo foi creado en 1965 para impartir as ensinanzas profesionais náutico e marítimo pesqueiras. Transferido á Xunta de Galicia no ano 1982, na actualidade está adscrito á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro dependente da Consellería do Mar. En 2015 sería nomeado Centro de Referencia Nacional en Pesca e Navegación, o que sumado á súa privilexiada situación e modernas instalacións convertiuno nun punto de referencia formativa no sector.

 

Que son os Centros de Referencia Nacional?

Os Centros de Referencia Nacional son Centros públicos co obxectivo da realización de actuaciones innovadoras e experimentais en formación profesional, para facela máis competitiva e capaz de respostar con maior rapidez ás necesidades que demanda o mercado de traballo.

Contan cun Consello Social ou órgano de participación social, que é o órgano de planificación e participación do sector produtivo, composto por representantes da Administración General del Estado, das Administracións autonómicas e das organizacións empresariais e sindicais máis representativas.

 

Características

  • Están especializados nos diferentes sectores produtivos.
  • Sirven de referencia, a nivel estatal , no ámbito dunha familia profesional.
  • Poden impartir accións formativas dirixidas a estudiantes, traballadores ocupados e desempregados, así como a empresarios e formadores
  • Dispón do equipamento e espazo adecuado para desenvolver as actividades correspondentes á familia profesional que teña asinada.
  • Establecen acordos con entidades, organismos ou empresas do sector produtivo de referencia para que as súas instalacións e equipamentos podan ser usados polos traballadores para actividades de formación.

 

Funcións

As funcións dos CRN no ámbito da familia profesional asinada son:

  • Observar e analizar a nivel estatal a evolución dos sectores produtivos para adecuar a oferta de formación ás necesidades do mercado de traballo.
  • Colaborar co Instituto Nacional de las Cualificaciones na actualización do Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesional
  • Experimentar accións de innovación formativa para validar a súa adecuación, elaborar contidos, metodoloxías e materiais didácticos.
  • Realizar estudos necesarios para elaborar certificados de profesionalidade, realizar, custodiar as súas probas de evaluación.
  • Estudiar a idoneidade de instalacións, equipamentos e medios didácticos, desenvolver técnicas de organización e xestión da formación e propoñer a aplicación de criterios de calidade para centros e entidades.
  • Colaborar coas organizacións empresariais e sindicais máis representativas.
  • Establecer vínculos de colaboración con institutos e axencias de cualificacións autonómicas, universidades, centros tecnolóxicos e de investigación, centros integrados de FP, ou empresas e outras entidades para fomentar a investigación, innovación e desenvolvemento da formación profesional.
  • Participar en programas e iniciativas internacionais no seu ámbito de aplicación.
  • Contribuir ao deseño e desenvolvemento de plans de perfeccionamiento técnico e metodolóxico dirixidos a persoal docente ou formador, expertos e orientadores profesionais, así como a evaluadores que interveñan no recoñecemento de competencias profesionais.
  • Colaborar no procedemento de evaluación e acreditación de competencias profesionais

 

Máis información sobre a rede de Centros de Referencia Nacional

Plan de traballo do Centro de Referencia Nacional de Pesca e Navegación (2019-2022)